Juventud

REFERENDO MONARQUÍA

A Universidade de Vigo votará monarquía ou república o próximo 4 de decembro

Preto de 50 persoas asistiron á primeira asemblea para organizar un referendo sobre a monarquía na Universidade de Vigo. No encontro decidiuse realizar a consulta o 4 de Decembro e as preguntas que estarán presentes na papeleta. A próxima asemblea terá lugar o martes 27 de Novembro no Salón de Actos da Facultade de Filoloxía e Tradución da Uvigo.

Jueves 22 de noviembre | 17:06

A asemblea, que estaba prevista para comezar o martes 20 ás 12 horas no Salón de Graos da Facultade de Filoloxía e Tradución, realizouse finalmente nunha aula próxima debido a problemas de organización responsabilidade da administración do centro. Comezou poucos minutos despois.

Alberto Fernández, estudante de Economía, resaltou a importancia de realizar este referendo en plena crise da monarquía: “Vemos como a monarquía cada vez ten menos apoio entre a poboación, en especial entre a mocidade. Os escándalos de corrupción, dende Urgandarín ata o propio rei emérito ou o apoio á represión ao 1-0 en Catalunya contribuíron a isto”. E engade: “Dende a irrupción do movemento democrático catalán, a consulta popular realizada no barrio de Vallecas de Madrid, abriu a porta a que na UAM, algúns compañeiros expuxesen esta iniciativa, coa intención de expandir esta crítica de conxunto ao réxime en todo o Estado”

Na data de redacción deste artigo, o movemento pola realización de referendos sobre a monarquía xa suma 20 universidades en todo o Estado español, e 3 en Galiza (Vigo, Ourense e A Coruña). Unha iniciativa que vai camiño de ser un gran movemento de loita da mocidade en todo o Estado.

Outro compañeiro, Jacobo García, estudante de Bioloxía, resaltou o sentido político desta consulta: “A idea non é só cuestionar a Monarquía, como institución reaccionaria e herdeira do franquismo, se non abrir o debate para decidir sobre todo o que nos afecta. É por iso que é preciso abrir procesos constituíntes en todas as nacións do Estado para decidir sobre o Ensino, Sanidade, Pensións, o non pago da débeda pública, dereitos laborais, ect.” A crise económica segue afectando a millóns e as condicións non melloraron para a gran parte da poboación. É por iso que cuestionar a forma de Estado é un primeiro paso para mudar todo o Réxime político.

Na asemblea participaron organizacións estudantís como Contracorrente Galiza e ANEGA. Así como o colectivo social Asemblea Republicana, que saudou a iniciativa dos universitarios e están a pensar en facer referendos nos barrios de Vigo no próximo período. Loitamos por poñer en pé un movemento amplo e masivo que agrupe a estudantes e todos os membros da comunidade universitaria, así como a como todas as persoas residentes en Vigo que queiran colaborar. É por iso que animamos a todas as organizacións estudantís, sociais, sindicais e políticas, para que participen deste movemento e sumemos forza para que sexamos centos organizando o referendo e milleiros os votos recollidos.

Decisións tomadas

Decidiuse por maioría realizar o referendo o martes 4 de Decembro. Os motivos foron que hai facultades que xa acaban as clases a semana seguinte e o facelo coincidir coa data elixida na Universidade Carlos III de Madrid e a Pompeu Fabra e a UB en Barcelona. Ademais, o 6 de decembro celébrase “” o Día da Constitución, día festivo, polo que a carga simbólica de facer un referendo contra a monarquía e cuestionar o Réxime do 78 dous días antes é maior.

Despois votáronse as preguntas para realizar. A primeira: “Estás a favor de abolir a Monarquía como forma de Estado e instaurar unha República?” aprobouse por unanimidade. Con respecto á segunda pregunta houbo varias propostas, e realizouse un debate sobre que pregunta sería máis acertada para expresar a realidade nacional galega, así como unha crítica máis de conxunto a todo o sistema político, e non só á Monarquía. Finalmente aprobouse a proposta orixinal: “En caso afirmativo, estás a favor da apertura de procesos constituíntes para decidir que tipo de República?”. Esta segunda pregunta, que tamén se aprobou noutras universidades como a UAM, aprobouse por maioría simple.

A continuación votouse a data da seguinte asemblea para o martes 27 de Decembro ás 12:00h no Salón de Actos da mesma Facultade, onde se decidirán as cuestións de organización necesarias para que o referendo póidase realizar de forma efectiva.
Agora é o momento de organizarnos para que este referendo sexa un éxito. Porque non queremos sufrir paro, pobreza, ou emigración forzada mentres un reducido grupo vive con grandes luxos por dereito de nacemento. Porque queremos decidir sobre todas as cuestións que nos afectan. Aquí e agora, en Vigo, en Galiza e en todo o Estado, organicémonos centos e votemos miles contra a Monarquía.






Temas relacionados

#ReferendumUAM   /   Referéndum República o Monarquía   /   Galicia   /   Monarquía   /   Juventud

Comentarios

DEJAR COMENTARIO