×
logo red internacional
Facebook Instagram Twitter Telegram YouTube

Abaixo Cifuentes, o reitor da URJC e a caste universitaria! Folga xeral estudantil!

A estas alturas, que a Cifuentes lle regalaron un Máster na Universidade Rey Juan Carlos (URJC) sen asistir a clase, aprobado materias, defendido a súa TFM e con acta falsificada polo medio, é un feito máis que probado.

Armas de la Crítica

Pan y Rosas Madrid

Martes 10 de abril de 2018
Facebook Twitter

En castellano

Un feito así non podería suceder sen a colaboración expresa das autoridades universitarias, empezando polo propio Reitor, Javier Ramos, que agora trata de desmarcarse para salvar os trastes.

Pero isto é só a punta do iceberg; convén lembrar que Javier Ramos é o herdeiro directo de Fernando Suárez, o famoso Reitor “ copión” vinculado por lazos familiares ao franquismo. Ramos foi elixido a dedo polo seu antecesor, e chegou ao seu actual posto tras “gañar” unhas eleccións nas que foi o candidato menos votado.

Como é isto posible? Grazas ao sistema electoral universitario, fixado pola Lei Orgánica de Universidades (LOU), que outorga aos catedráticos un poder absolutamente maioritario pasando por encima dos intereses do 95% restante da comunidade universitaria, nunha URJC repleta de estómagos agradecidos ao PP.

Pero nin Cristina Cifuentes nin a URJC son un caso illado, senón tan só unha expresión do sistema universitario absolutamente antidemocrático, vinculado a grandes empresas privadas, sustentado sobre redes clientelares e dirixido por unha caste universitaria patriarcal que se mostra abertamente corrompida.

O mesmo sistema universitario que imposibilita compaxinar estudos e traballo -a pesar do que diga Cifuentes- grazas ás contrarreformas universitarias que expulsaron a centenares de miles de estudantes por non poder facer fronte ás taxas cada vez máis elevadas e con bolsas cada vez máis escasas. O mesmo sistema universitario dirixido polo BBVA, Endesa, O Santander e outras grandes empresas xunto a representantes dos partidos do Réxime como o PP ou o PSOE a través dos Consellos Sociais, máximo organismo da universidade onde se decide que estudamos, canto nos custa, ou o soldo do equipo reitoral.

O mesmo sistema universitario que se sustenta sobre a precariedade do profesorado asociado, dos servizos privatizados e, por suposto, da estafa das prácticas para estudantes, tan abusivo que, en ocasións, ata a Inspección de Traballo ten que decretar coa boca pequena a súa ilegalidade como ocorreu cos e as bolseiras OPE da Universidade Autónoma de Madrid.

Un sistema universitario dirixido por castes case medievais como o que impera en todas as universidades, con todo, non pode ser máis que o reflexo da decadencia do réxime político herdeiro de Franco que aínda rexe os destinos do Estado español. Como é tamén o reflexo da corrupción conxénita á caste política de partidos capitalistas que son os seus alicerces, como o PP e o PSOE, con case un milleiro de imputados por corrupción.

Unha moción de censura para que goberne o PSOE ou unha gran folga estudantil para que botar a Cifuentes coa loita?

Ante o escándalo que significa a falsificación de documentos públicos, o PSOE presentou na Asemblea de Madrid unha moción de censura contra Cristina Cifuentes, que será debatida e votada entre o 13 de abril e o 7 de maio, co apoio de Podemos. Ambos piden a Cidadáns, que se debate entre seguir sostendo ao PP na Comunidad de Madrid ou aproveitar a crise para seguir encumbrándose como recambio da dereita, que apoie a moción. Íñigo Errejón chegou mesmo a pedirlle a Cidadáns "máis coraxe democrática" e que apoie a moción para botar a Cifuentes.

O resultado da operación -se prosperase- non sería outro que Ángel Gabilondo do PSOE fose o novo presidente da Comunidad de Madrid. Estamos a falar do mesmo PSOE que por acción e omisión promoveu a privatización e elitización das universidades públicas, que se serve desas mesmas redes clientelares en universidades como a Carlos III, considerada o seu feudo, a propia URJC e outras, tal e como denunciou en varios medios o mesmo profesor que destapou a “trama Cifuentes”-. Pero, ademais, un partido do réxime que tamén é parte dos principais escándalos de corrupción que se destaparon nos últimos anos.

Tráfico de influencias, facilitadores, contratos públicos a dedo, falsificación de documentos públicos e de informes técnicos, prevaricación, extorsión, sobrefacturación, fraude a facenda, financiamento ilegal e contabilidade B, sobresueldos en sobres, recualificación urbanística, subornos e agasallos, malversación de fondos públicos, enriquecemento ilícito, branqueo de capitais, son só algunhas das prácticas dos personeros do Estado e a clase á que representan, xa sexa que militen nas filas do PP ou do PSOE.

Por iso, chamar á mobilización ao PSOE e presentalo como unha alternativa como fan Podemos e o Sindicato de Estudantes, é lavarlle a cara a un partido completamente corrupto, que nos feitos sostén ao PP no Goberno, que apoia o 155 e a represión contra o pobo de Catalunya, e que, ademais, forma parte esencial do réxime universitario clientelar. De feito, o propio Gabilondo, ex Reitor da UAM e expresidente da Conferencia de Reitores de Universidades Españolas ( CRUE), é un “ excelentísimo” membro da caste universitaria. "Un recambio do PP non pode ser nunca unha solución", di Podemos. É certo. Pero un goberno dos social-liberais do PSOE, tampouco.

A caída illada de Cristina Cifuentes e o actual Reitor da URJC, non supón máis que un cambio dunhas caras por outras. Fronte a iso, temos que impugnar o sistema universitario de conxunto, ligado ás grandes empresas, corrupto e baseado na precariedade, así como ao réxime político que o sustenta.

Desde Pan e Rosas e Armas da Crítica chamamos á organización de grandes asembleas de base e democráticas en todas as universidades e centros de estudo, desde as que impulsar un plan de loita coa perspectiva dunha folga xeral estudantil para botar a Cifuentes, Ramos e toda a caste universitaria coa mobilización, non cunha moción de censura para que goberne o PSOE. Hai que desatar a loita estudantil, para que conflúa co resto de sectores sociais, como as mulleres, os pensionistas, os migrantes ou os traballadores de Amazon, que enfrontan as políticas deste goberno e o seu réxime.

Porque queremos que a universidade deixe de ser un alicerce fundamental deste réxime e pase a ser a punta de lanza para, como dicían os estudantes do Maio Francés, “pasar da crítica da universidade de clases á crítica da sociedade de clases”.


Facebook Twitter

Vuelve la Cátedra Libre Karl Marx a las universidades

Vuelve la Cátedra Libre Karl Marx a las universidades

El Departament d'Educació nos ahoga de calor en las aulas

El Departament d’Educació nos ahoga de calor en las aulas

¡Nos rebelamos contra la crisis capitalista, el rearme imperialista y la destrucción del planeta!

¡Nos rebelamos contra la crisis capitalista, el rearme imperialista y la destrucción del planeta!

Zaragoza: la juventud de Contracorriente y Pan y Rosas agita las universidades hacia la huelga climática del 23S

Zaragoza: la juventud de Contracorriente y Pan y Rosas agita las universidades hacia la huelga climática del 23S

Militarismo “progre”: el Gobierno del PSOE y UP aprueban los presupuestos con mayor gasto militar de los últimos 40 años

Militarismo “progre”: el Gobierno del PSOE y UP aprueban los presupuestos con mayor gasto militar de los últimos 40 años

PP y Vox le rebajan los impuestos a los más ricos en Andalucía

PP y Vox le rebajan los impuestos a los más ricos en Andalucía

¿Y qué hacemos contra la extrema derecha?

¿Y qué hacemos contra la extrema derecha?

Unidas Podemos pacta los Presupuestos y se traga el "sapo" del rearme imperialista ¿Cuánto van a subir el gasto militar?

Unidas Podemos pacta los Presupuestos y se traga el "sapo" del rearme imperialista ¿Cuánto van a subir el gasto militar?