Géneros y Sexualidades

LGBTI

Asasinato homófobo na Coruña: esténdense o repudio e concentracións por # JusticiaParaSamuel

Samuel foi asasinado con 24 anos nunha malleira grupal ao berro de maricón na Coruña. Chamamos a que se estenda e organice a rabia en todo o estado contra este crime homófobo e o sistema que alenta este odio. Convocáronse mobilizacións nas cidades galegas por #XustizaParaSamuel

Domingo 4 de julio | 13:29

Artigo orixinalmente publicado en castelán
Tradución: Jacobo A. García

Samuel foi asasinado a golpes nun crime homofóbico na zona do paseo marítimo de Riazor na Coruña. Tiña 24 anos e era traballador da sanidade. Hai escasos días tiñan lugar as mobilizacións do Orgullo LGBTI.

A sensación de que podiamos ser calquera e a rabia estendéronse polas redes, pedindo # XustizaParaSamuel e anunciando mobilizacións nas cidades galegas ás 20 h o 5 de xullo.

Tamén en Barcelona o 5 ás 20 h convocouse outra concentración nas rúas Borell con Sant Antoni, á mesma hora e día estaremos en Madrid na Porta do Sol, en Sevilla na Praza Nova, diante do Concello en Vigo, en Zaragoza na Praza España ou en Burgos na Praza Maior. Engádense decenas de cidades en Galiza e no resto do estado.

Seguimos á espera de máis convocatorias e chamamos a mobilizarse en todo o estado en rexeitamento a este crime homófobo, esixindo #JusticiaParaSamuel e que se esclarezan as circunstancias do asasinato.

Estes crimes están amparados na impunidade da que adoitan gozar os ataques fascistas, racistas, machistas ou LGBTIfóbicos, máis aínda cando ao estado capitalista convenlle alimentar á extrema dereita e ao mesmo tempo racharse as vestiduras diante das cámaras cando teñen lugar estes crimes.

No Estado español, segundo datos do Ministerio de Interior, ao ano as agresións pola identidade ou orientación sexual no Estado Español foron case a metade dos 1.324 delitos de odio cometidos ese ano, aumentando un 15% no últimos tres anos.

Pero tamén un 43% dos mozos LGBTI tiveron pensamentos suicidas a causa do acoso e a taxa de suicidio en mozos LGBTI é máis de catro veces superior ao resto e a principal causa de morte. Están a matarnos e non imos ficar de brazos cruzados.

Tamén viamos como hai unhas semanas os crimes racistas como o asasinato a tiros de Younes, o apuñalamento a unha muller en Murcia e outros aumentaban amparados no racismo institucional e da dereita. Tamén na Coruña menos dunha semana antes era agredida cunha porra extensible unha parella ao berro de maricóns. É por iso que moitas voces sinalan tras este asasinato homófobo ao ambiente irrespirable que está a dar o impulso aos discursos de odio da extrema dereita.

Non imos escondernos. Imos mobilizarnos, esixindo # XustizaParaSamuel e que se esclarezan as circunstancias do asasinato. Pero non cremos que esta xustiza vaia a chegar do aparello xudicial patriarcal, reaccionario e herdeiro do franquismo do Estado español. Xa é coñecida consigna dos movementos feministas que di “se tocan a unha, tócannos a todas”. Queremos tamén dicir “se tocan a unha, organizámonos miles”.

A indignación e a rabia non poden transformarse en silencio e dor, senón nunha loita e organización en homenaxe de Samuel e de tantes otres. É preciso organizar a autodefensa contra esta situación nas rúas, pero tamén levantar un movemento LGBTI combativo que revolucione apuntando contra o sistema patriarcal e capitalista que nos está matando e ataca cada día as nosas vidas.






Temas relacionados

Galiza   /   LGBTI+   /   Crímenes de odio   /   LGBTTI   /   Galicia   /   LGTBI   /   Géneros y Sexualidades

Comentarios

DEJAR COMENTARIO