×
logo red internacional
Facebook Instagram Twitter Telegram YouTube

Eleccións #10 N | Un voto solidario co pobo catalán en todo o Estado español

A CRT lanza unha campaña militante en todo o Estado para que nestas eleccións se escoite a voz de quen dicimos basta de represión e defendemos a amnistía e o dereito a decidir. O 10 N, en Catalunya vota á CUP. No resto do Estado, anula o teu voto poñendo unha papeleta en solidariedade co pobo catalán. Súmate!

CRT Estado Español

Sábado 2 de noviembre de 2019
Facebook Twitter

En castellano

Estas eleccións están marcadas pola sentenza do procés. Unha sentenza que condena a ata 13 anos de cárcere aos presos políticos cataláns por organizar un referendo democrático negado polo Réxime. Unha sentenza que establece un precedente nefasto, vulnerando por completo as liberdades democráticas máis básicas.

En Catalunya hai neste momento 40 presos políticos, porque aos condenados súmanse os activistas dos CDR detidos e polo menos 28 mozos que participaron das mobilizacións das últimas semanas, enviados a prisión preventiva para criminalizar a todo o pobo catalán que saíu a protestar contra a sentenza.

Este 10 N, todos os partidos do Réxime procuran que se forme un goberno “estable” e de “orde”. O PSOE, como parte do bloque monárquico, endurece a ofensiva represiva, como se viu coa actuación da Policía Nacional enviada por Marlaska, en total colaboración cos Mossos d’Esquadra, baixo a dirección do Govern.

Neste marco, Unidas Podemos consolidouse como unha esquerda do Réxime do 78. Un Réxime que quere pechar a súa crise e todo crítica a golpe de xuízos farsa, paus e cárcere. As declaracións de Pablo Iglesias e de Alberto Garzón, chamando a aceptar a sentenza, saudando a actuación policial e condenando por “violentos” aos mozos cataláns que se defenden da represión policial, son totalmente funcionais ao sostemento deste réxime político herdeiro do franquismo.

Mentres en Catalunya, a CUP é a única organización que está a expor nas eleccións xerais non avalar ao réxime español, e non apoiar unha eventual investidura de Pedro Sánchez, esixindo a liberdade dos presos e a amnistía, no Estado español non hai ningunha alternativa electoral da esquerda que levante unha reivindicación democrática tan elemental como esta. Que diga abertamente que hai que rematar coa Coroa e cos privilexios da casta política e xudicial.

Por iso este 10 N poñemos un voto en solidariedade con Catalunya, contra a represión, pola liberdade de todas e todos os presos políticos, e para que a crise a paguen os capitalistas. E chamamos á esquerda de todo o Estado que apoia ao pobo catalán, a sumarse a esta campaña e a non sumar os seus votos a quen dixo que hai que acatar a sentenza e que se gobernan xuntos aceptarían o liderado do PSOE do 155 na cuestión catalá.


Facebook Twitter
El choque de Olona y Vox: ¿Hacia una escisión en la ultraderecha?

El choque de Olona y Vox: ¿Hacia una escisión en la ultraderecha?

Dimisión del presidente de RTVE: el fracaso de la democratización de la radiotelevisión pública

Dimisión del presidente de RTVE: el fracaso de la democratización de la radiotelevisión pública

Riders bajo el “capitalismo colaborativo”: Glovo sigue tratando a la plantilla como autónomos

Riders bajo el “capitalismo colaborativo”: Glovo sigue tratando a la plantilla como autónomos

Azcón exige sueldos por debajo del IPC a la plantilla de los buses ¿Pero cuánto cobra el alcalde y su equipo?

Azcón exige sueldos por debajo del IPC a la plantilla de los buses ¿Pero cuánto cobra el alcalde y su equipo?

“Estamos avanzando en la construcción de una corriente socialista revolucionaria en Europa”

“Estamos avanzando en la construcción de una corriente socialista revolucionaria en Europa”

Cinco medidas para enfrentar la inflación y que la crisis la paguen los capitalistas

Cinco medidas para enfrentar la inflación y que la crisis la paguen los capitalistas

Contra la distopía capitalista: la lucha por una sociedad socialista sin explotación ni opresión

Contra la distopía capitalista: la lucha por una sociedad socialista sin explotación ni opresión

¿Por qué Marx tenía razón?

¿Por qué Marx tenía razón?