Géneros y Sexualidades

LGBTI

Grandes mobilizacións en máis de cen cidades contra o asasinato LGBTIfóbico de Samuel

80 concentracións en Galiza e decenas máis en cidades de todo o Estado reuniron a milleiros de persoas en rexeitamento ao asasinato de Samuel de 24 anos nunha malleira grupal ao berro de maricón na Coruña a noite do pasado sábado. En Madrid a policía cargou contra a manifestación de#XustizaparaSamuel

Martes 6 de julio

Artigo publicado orixinalmente en castelán. Tradución: Jacobo A. García.

As mobilizacións esixindo # XustizaParaSamuel estendéronse por cidades de todo o estado, congregando milleiros de persoas en Madrid, Barcelona ou A Coruña e centos de persoas en decenas de cidades nunha convocatoria que se multiplicaba cada hora ao coñecerse o asasinato LGBTIfóbico de Samuel.

En Madrid a policía cargou contra a manifestación á altura de cálelas Princesa e Alberto Aguilera e han amagado con atropelar manifestantes en Argüelles, deixando persoas feridas e detidas. Os lavados de fronte das forzas represivas do estado unha semana antes no Orgullo LGBTI disipáronse a golpe de porrazo contra quen protestaba polo asasinato homofóbico de Samuel. Non hai campaña de pinkwashing que tape o labor da policía que está a golpear brutalmente unha manifestación que rexeita o asasinato dun mozo ao berro de maricón.

A difusión en redes do asasinato de Samuel sacou á luz moitos máis casos que se viralizaban, entre os que se atopan unha agresión homófoba da policía municipal de Madrid esa mesma noite ou as múltiples ocasións nas que as vítimas que acoden a denunciar unha agresión LGBTIfóbica son desprezadas e ninguneadas por policías ou xuíces.

Ademais, estes crimes están amparados na impunidade da que adoitan gozar os ataques fascistas, racistas, machistas ou LGBTIfóbicos, máis aínda cando ao estado capitalista convenlle alimentar á extrema dereita e ao mesmo tempo racharse as vestiduras diante das cámaras cando teñen lugar estes crimes. Non imos agocharnos.

Imos mobilizarnos, esixindo #XustizaParaSamuel e que se esclarezan as circunstancias do asasinato. Pero non cremos que esta xustiza vaia a chegar do aparello xudicial patriarcal, reaccionario e herdeiro do franquismo do Estado español. Xa é coñecida a consigna dos movementos feministas que di “se tocan a unha, tócannos a todas”. Queremos dicir tamén “se tocan a unha, organizámonos miles”.

A indignación e a rabia non poden mudar en silencio e dor, senón nunha loita e organización en homenaxe de Samuel e de tantes otres. É preciso organizar a autodefensa contra esta situación nas rúas, pero tamén erguer un movemento LGBTI combativo que revolucione apuntando contra o sistema patriarcal e capitalista que nos está matando e ataca cada día as nosas vidas.

Stonewall foi unha revolta e foi contra a policía!






Temas relacionados

Galiza   /   LGBTIQ+   /   LGTBI   /   Géneros y Sexualidades

Comentarios

DEJAR COMENTARIO