Mundo Obrero Estado Español

MUNDO OBREIRO

Rebélate contra a precariedade para que, neste Nadal, a crise a paguen os capitalistas!

Mentres os grandes empresarios e o goberno, tanto central como os autonómicos, queren “salvar o Nadal”, os traballadores e traballadoras vemos como empeoran as nosas condicións de precariedade e explotación. Dende a Rede de Traballadorxs Precarixs impulsamos unha campaña de denuncias contra de esta situación.

Jacobo A. García

@Jacobscarface

Viernes 18 de diciembre de 2020 | 16:14

A suba dos contaxios continúa, mais o que máis lle preocupa tanto ao goberno central, como aos distintos gobernos autonómicos é salvar a campaña do Nadal. Como sabemos nestas datas é cando as grandes empresas fan o seu agosto, e este ano, aínda coa pandemia non podía ser doutro xeito.

Mais, que Nadal temos para os traballadores e traballadoras de sectores como o comercio, que nestas datas teñen que facer xornadas esgotadoras, traballando tamén fins de semana, feiras, e con soldos penosos? ¿E para o sector de delivery e mensaxería, onde aumenta o ritmo de reparto e a sobrecarga de traballo cos mesmos contratos moi precarios e sen condicións de seguridade?

Nin falar dos traballadores e traballadoras de hostalería, moitos aínda en ERTE, outros voltando aos seus postos de traballo, mais con maior carga de traballo e facendo máis horas extras que nunca cobran. En todos os casos que nomeamos nin sequera garanten máscaras e material de protección para non contaxiarse.

Máis do 80% dos contratos da campaña de Nadal son temporais. Máis do 40% son de menos de 30 días, e case a totalidade destes postos de traballo créanse nos sectores máis precarios: mensaxería, hostalería e comercio.

E, de que Nadal estamos a falar para aquelas persoas que seguen sen cobrar os ERTEs, ou o están a cobrar con retraso? Aínda hai unhas 600.000 persoas que están en ERTE. Mentres outros moitos directamente están no paro. Actualmente no Estado Español o paro na mocidade xa supera o 40%.

Nestas datas tampouco hai tregua para as traballadoras das residencias de persoas maiores, porque mentres seguen a subir os surtos, as traballadoras seguen sen os EPIs axeitados, con ratios moito peores y dobrando quendas porque non se substitúen aquelas compañeiras que están de baixa. Mais as patronais das residencias seguirán a frotar as mans mentres amasan cartos a costa da saúde e a vida dos nosos maiores.

Tamén os sanitarios que nestas festas van seguir a traballar en primeira liña cunha sobrecarga laboral enorme, con falta de persoal y sen os recursos adecuados. Eles din que en plena pandemia é fundamental salvar O Nadal, mais de salvar unha Sanidade completamente recortada e desmantelada non queren falar. O que verdadeiramente lles interesa é salvar os seus beneficios a costa da nosa explotación e a nosa saúde.

A lista de exemplos podería continuar e por iso dende a Rede de Precarixs invitámosche a que nos axudes a facer visíbeis todas estas situacións de precariedade e animámosche a que nos envíes a tu propia denuncia e che organices connosco para combatela.

¡Rebélate contra a explotación, para que esta crise a paguen os capitalistas!
¡Organízate con nós!






Temas relacionados

Campaña Precariedad Laboral   /   Mundo Obrero Estado Español   /   Galicia   /   Precariedad laboral

Comentarios

DEJAR COMENTARIO