×
logo red internacional
Facebook Instagram Twitter Telegram YouTube

Xuízo político: 12 independentistas galegos acusados a 102 anos de prisión

As peticións de entre 4 e 12 anos de cárcere para integrantes de Causa Galiza e Ceivar son parte da Operación Jaro. O domingo 18 unha manifestación pola súa absolución percorreu Santiago de Compostela, denunciando a operación como un “montaxe policial”.

IzquierdaDiario.es

Lunes 19 de octubre de 2020
Facebook Twitter

O 19, 20 e 21 de outubro ten lugar na sección terceira do Penal da Audiencia Nacional o xuízo a 9 integrantes da organización independentista galega Causa Galiza e 3 do colectivo antirrepresivo Ceivar- OPAR por, segundo a Fiscalía, "apoio, ensalzamiento y justificación de la actividad terrorista de Resistencia Galega", así como “pertenza a organización criminal para a comisión de delitos de enaltecemento de organización terrorista” para 11 activistas.

As penas suman 102 anos e oscilan entre 4 e 12 anos de prisión, de 8 a 32 anos de inhabilitación e un total de 348.000 euros de multa. Igualmente, a Fiscalía pide a ilegalización de ambas as organizacións.

O sustento legal deste proceso arrinca cunha sentenza do Tribunal Supremo de 2014, sinalando a “Resistencia Galega” como organización terrorista. En 2013 fora sinalada pola Policía Nacional como “a principal ameaza terrorista en España”, xunto co yihadismo.

Con todo, a mesma existencia da devandita organización é amplamente posta en dúbida, en base á ausencia de accións reivindicadas por tal organización e a irregularidade das acusacións e actos atribuídos, chegando a existir informes fiscais e resolucións xudiciais que cuestionan que exista.

Con todo, esta versión serviu de base para sinalar como parte do seu “brazo político” a un amplo tecido de asociacións do independentismo galego. Esta liña represiva, xa aplicada polo Estado español en Euskalherria e Catalunya, continúa coas operacións Jaro I e II en 2015 e 2017, que levan á Audiencia Nacional a quen se atopa no banco.

A Operación Jaro comezou o 30 de outubro de 2015 coa detención de 9 militantes do partido independentista galego Causa Galiza e continúa na súa segunda fase o 21 de xuño de 2017 coa detención de 3 activistas do colectivo Ceivar- OPAR contra a represión. En xullo de 2019 a Fiscalía retirou do caso a acusación de pertenza a banda armada por falta de probas. No contexto de persecución contra o independentismo catalán de outubro de 2019, decidiu incluír unha acusación de pertenza en organización criminal e pedir a ilegalización de ambas as organizacións.
Ante o inicio do xuízo, unha manifestación convocada en solidariedade percorreu as rúas de Santiago de Compostela o domingo 18, contra a persecución de “organizacións que desenvolven o seu traballo político á luz do día, en absoluta legalidade”.

Casos como este mostran a necesidade de estender a solidariedade contra a represión e loitar pola absolución de todas as persoas presas políticas deste réxime reaccionario que criminaliza e persegue a calquera que pretenda manifestarse contra a orde establecida e a estreita marxe constitucional.


Facebook Twitter
Se reabre el juicio a los activistas sevillanos que bloquearon el bus tránsfobo de HazteOír: la Fiscalía pide año y medio de cárcel

Se reabre el juicio a los activistas sevillanos que bloquearon el bus tránsfobo de HazteOír: la Fiscalía pide año y medio de cárcel

Declara por primera vez una víctima de torturas del franquismo en un juzgado español

Declara por primera vez una víctima de torturas del franquismo en un juzgado español

Por una movilización de Madrid que defiende el derecho a decidir y la amnistía total

Por una movilización de Madrid que defiende el derecho a decidir y la amnistía total

La Fiscalía incluye a Extinction Rebellion y Futuro Vegetal en un listado de grupos terroristas

La Fiscalía incluye a Extinction Rebellion y Futuro Vegetal en un listado de grupos terroristas

El Tribunal Supremo revoca el tercer grado a los presos del procés

El Tribunal Supremo revoca el tercer grado a los presos del procés

Xuízo político: 12 independentistas galegos acusados a 102 anos de prisión

Xuízo político: 12 independentistas galegos acusados a 102 anos de prisión

Juicio político: 12 independentistas gallegos se enfrentan a 102 años de cárcel

Juicio político: 12 independentistas gallegos se enfrentan a 102 años de cárcel

BARCELONA|Rueda de prensa de la izquierda independentista frente la represión policial

BARCELONA|Rueda de prensa de la izquierda independentista frente la represión policial